O FÍO
Gracia Iglesias (2016) O fío, ilust. Rosa Osuna, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka, colec: demademora [28pp], (ISBN: 978-84-8464-990-8)
BREVE DESCRICIÓN DO FORMATO E DO CONTIDO DA OBRA: Este álbum, trátase dun álbum ilustrado pola editorial Kalandraka. Conta con tapas duras de forma cadrada, de tamaño mediano e certo grosor. Na cuberta atopamos o título do libro en letras maiúsculas e de cor negra. Na única imaxe que aparece, atopámonos co debuxo dun neno, de pelo loiro que viste unha camiseta amarela e un pantalón branco que está a tirar dun fío engurrado enriba de todo da portada. O fondo é de cor grisaceo, transmitindo unha sensación de tristura e soidade aparecendo o rapaz só.
Na contracuberta, atopamos mais fío enrolado polo chan, e no fío do teito un gato de cor azul colgado intentando trepar por el. Ademais este gato ten unha cola de cores, semellando un arco da vella. No lado esquerdo do libro aparece o logotipo da colección de libros: demademora, en letras minúsculas e negras.
En todas as follas que narran a historia, aparecen unha serie de imaxes que axudan a unha lectura mais levadeira. Todas as imaxes teñen algo común, a aparición do neno protagonista só, sen a compañía de ningún outro adulto. Só nalgunhas follas aparecen algúns personaxes secundarios, como son o gato azul que atopamos na contracuberta ou uns paxariños amarelos cos seus ovos dentro dun niño de palla.
A historia cóntase en forma de poesía, onde nunhas páxinas aparecen estrofas completas ou noutras, un par de versos. Os versos pares riman entre sí e a súa rima é asonante, xa que riman as letras vogais. O texto está escrito en minúsculas en cor negra, sendo o protagonista principal ese fío que se vai engurrando e van desaparecendo as cousas ó seu paso.
En canto ó contido do libro, cóntase a historia na cal un neno atopa un fío colgando da súa chaqueta, tira e tira del ata quedar sen chaqueta. O mesmo lle ocorre co resto de roupa que leva posta, ata quedar completamente espido, por culpa de tirar do fío. O fío seguía con el polo que seguiu tirando e tirando del, ata decatarse de que estaba colgando do sol, tirou e tirou ata quedar sin el tamén. Así lle ocorreu cas nubes, co ceo e cas árbores, ata quedar só e cansado. Ó final, quedou cun nobelo de fío engurrado.
POTENCIALIDADES: A primeira potencialidade que presenta este libro é a de estar narrado en forma de poesía, xa que é unha boa forma de contárlles os nenos e nenas unha historia que saia da forma tradicional escrita en prosa. É unha boa fonte para que os nenos e neas coñezan a rima, os tipos de rima, as estrofas os versos que o vexan visualmente e se adentren no mundo da literatura en verso.
Ademais ó estar acompañado de ilustracións, poden facer unha lectura autónoma da historia seguindo as imaxes, e vendo como o neno tira do fío desfacendo a roupa que leva posta, ou como se desfai o sol, o ceo, as nubes etc. É un libro que transmite moito visualmente, cas imaxes, xa que é onde se pode apreciar a soidade do neno, a súa ansia de querer investigar, querer descubrir de onde ven o fío, a súa preocupación etc.
Grazas a estas imaxes a lectura pódese facer de forma autónoma,xa que con tan só unha visualización das mesmas, sen necesidade de escoitar a súa lectura ou lelo pódese comprender o argumento da historia perfectamente. Polo que os nenos e nenas pequenos que non saiban ler todavía, poden interpretar as súas imaxes sen necesidade de que ningún adulto lea a historia.
É de fácil comprensión, xa que o argumento non ten ningún tipo de dificultade para que os nenos e nenas non poidan comprendelo.
E por último, presenta un final aberto, xa que non conclúe de onde ven ese fío que o rapaz atopa sempre colgando del, só se sabe que formou un gran nobelo engurrado, polo que poden ser os propios lectores e lectoras os que continuen a historia, enumerando outros elementos cos que se pode atopar o neno, e dos que pode colgar o fío, ou simplemente porlle un final concreto, sendo eles os que conclúan de onde ven ese fío, polo que desta forma estamos a traballar ca orixinalidade e ca creatividade dos nenos e nenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario