venres, 21 de abril de 2017

Que leria de Cordóns




Kulot Daniela. (2006) Que leria de cordóns,edicións Kalandraca [ 14pp].(ISBN: 84-8464-563-0)



Breve descripción do formato:
Trátase dun álbum ilustrado narrativo da vida cotiá xa que traballa a técnica para atarse os cordóns.
 A cuberta e contracuberta son de cartón duro con puntas triangulares, o libro consta de 14 páxinas compostas por ilustracións e un breve texto. 
Todas as páxinas do libro teñen un pequeño texto que van acompañadas dunha ilustración. Respecto as ilustracións podemos decir que son debuxos próximos aos nenos xa que son moi sinxelos.

O libro trata dunha nena a que lle regalan uns zapatos de atar de cordóns e como non sabía atalos decide  agochalos nunha caixa de regalos atadas cun lazo.


Potencialidades: Este libro e moi importante para traballar con nenos e nenas de 3 a 4 anos xa que a mayoría deles síntense  identificados coa protagonista que non sabe atar os cordóns. A partir del podemos traballar múltiples conceptos como: os diferentes tipos de clazados( con cremalleira, de atar, de pegar..) e técnicas para atar os cordóns xa que na contraportada do libro atopamos diferentes ilustracións sobre os pasos a seguir para logralo.
Outro concepto que podemos introducir é o traballo das emocións porque  cando Laura recibe o agasallo  síntese feliz pero cando o abre está triste porque non sabe atar os cordóns.A partir del podemos falar cos nenos sobre se lles gusta recibir agasallos, se alguna vez os agasallaron con algo que non lle gustou, como se sentiron...

Ningún comentario:

Publicar un comentario