martes, 11 de abril de 2017

Non hai berce coma o colo


Paulo Nogueira e Magoia Bodega (2015). Non hai berce coma o colo, ilustr. Mariona Cabassa, Pontevedra:Kalandraka, (0-3 anos), [48pp], (ISBN: 978-84-8464-907-6).


Breve descrición do formato e do contido:
Non hai berce coma o colo tratase dun libro-disco de arrolos tradicionais do noso patrimonio oral e musical.
Este proxecto está dirixido polos músicos e mestres Magoia Bodega e Paulo Nogueira que contan coa colaboración  de destacados intérpretes de panorama artístico galego como son: Mini Rivas,Sonia Lebendynski, Merchi Rodriguez, Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó, Segundo Grandío e Navia Rivas.
O seu formato é cadrado (160x160) de tamaño pequeno e as tapas son duras feitas de cartón. Na cuberta, aparece na parte central o título do libro e o debuxo dun neno/a durmiendo como si estivera no regazo da súa nai, ademais tamen se pode observar que na parte superior pon CD polo que podemos ter unha idea anticipada de como é o libro. Por outra banda, na contracuberta aparece o título das 15 pezas do cancioneiro tradicional que conforman o libro: Non hai berce no colo, Arrolo de Domaio, Berce de Santalices, O neno ten soniño, Berce de Viveiro, Arrolos de cuñas, Berce de Ribeira de Piquín, Canto de berce entre outros. Cada un destes cantos de berce é unha xoia do noso patrimonio cultural polo que cómpre conservar esta riqueza e seguir adurmiñando nos fogares aos meniños cunha viaxe músical pola xeografía galega.





Cabe destacar que Mariona Cabassa ilustrou cada arrolo con escenas de intenso colorido, nas que destaca o protagonismo da natureza e da familia, na súa diversidade. 


Potencialidades:

Os cantos de berce consta dunha letra sinxela cunha melodía tenra e suave onde desde tempo inmemorial foron receita para que as nais durmiran aos seus fillos pero isto, pouco a pouco se vai perdendo xa que na actualidade en moitas ocasións se deixa ao bebé no berce ata que o cansazo lle venza.
Non hay berce coma o colo reivindica a maneira oposta de achegarse ao sono, con agariño, con música doce e o contacto fisico dos país nun colo gustoso no que os ollos se van pechando de vagar, con suavidade ao son das poéticas letras e as agarimosas melodías. O propio título é unha declaración de intencións "Vivimos nun tempo no que todo se fai a correr polo tanto a educación e a crianza dos rapaces tamén".
Estes cantos teñen grandes potencialidades que se poden traballar cos mais cativos xa que non só teñen valor como forma de expresión do noso patrimonio cultural senón que, asemade, teñen un gran valor pedagóxico para o neno/a xa que son un estímulo que aumenta a resposta do pequeno cara o mundo exterior, que favorece a súa sociabilidade e fomenta a aprendizaxe temperá. Estes cantos son de suma importancia para a aprendizaxe da fala, pois neles, podemos atopar tódolos elementos que familiarizan o cativo coa formación da linguaxe: as vocalizacións (ea, ea...), a repetición de sons (a roró, lala...), a repetición de palabras familiares e frases, o uso de diminutivos fomentando desde pequenos a utilización da poesía infantil como recurso oral.  Outra das potencialidades é que inician aos nenos e nenas no mundo da musicalidade e do ritmo unido ó movemento de arrolar que será beneficioso para o seu crecemento persoal aumentando o vínculo afectivo entre adulto-cativo polo que a través do contacto físico, as caricias e os mecos regularán os malos comportamentos e o estres infantil xa que teñen un efecto tranquilizador.
En canto á temática dos cantos de berce, esta é diversa e variada polo que teremos que ter en conta os cantos que utilizemos xa que non todos son apropiados, por exemplo " Durme meu neno, durme que senón che vou dar no cú",isto é importante telo en conta xa que se trata das primeiras palabras e versos que os pequenos van escoitar e  polo tanto cando crezan serán capaces de recitar o canto adecuadamente favorecendo neles unha aprendizaxe significativa u enrequecedora.


Se vos pareceu interesante a proposta, deixovos un enlace do canto de berce "arrolo do domaio" que aparece no libro-cd Non hai berce coma o colo para que poidades disfrutar del.

- https://www.youtube.com/watch?v=3jHhQjRVMak (arrolo do domaio)
- https://www.youtube.com/watch?v=H4Xiv8oL8zo&t=35s (arrolo do domaio recitado por os nenos/as)





Ningún comentario:

Publicar un comentario