martes, 11 de abril de 2017



O Enfado

-Bingham, Jane (2007), Enfado, ilust. Helen Turner, trad. Equipo Editorial Texto Editores S.L, Madrid:Texto Editores S.L, [24 pp.] (ISBN: 978-84-86676-98-5).

Breve descrición do formato e contido da obra: Esta obra é un álbum ilustrado da vida cotiá porque o temá que trata é algo que viven as persoas día a día, amosándolle aos neno/a o mundo no que vive, para empezar hai que dicir que foi impresa en china e que o título orixinal é Angry, esta é de tapas duras tanto na cuberta como na contracuberta, ten gardas de cor branco e as páxinas son de cartón plastificado moi brillantes. Tanto na cuberta como na contracuberta aparece a ilustración dunha das protagonistas mostrando o seu enfado. E a medida que se pasan as páxinas se van mostrando máis protagonistas tamén enfadados e xa logo antes de comezar a lectura aparece un índice onde se mostran os distintos puntos que se van a desenvolver, xa que na última folla antes das gardas aparece un apartado titulado “ideas para padres e educadores” reflectindo actividades que tanto os pais como os educadores poden traballar con eles, xa que o obxectivo deste é axudar aos máis pequenos a enfrontarse a situacións e aos seus sentimentos.

A primeira historia que conta é a de Carlota a nena que aparece na cuberta, nesta ilustrase a Carlota comendo moi contenta un xeado ata que ven un neno e llo quita entón ela enfadase e para que os nenos reflexionen se pregunta que cres que lle ocorre a Carlota, logo se lle pregunta iso a ela é conta que ao enfadarse danlle  ganas de berrar forte, de chorar pero que iso non dura sempre e ilustrase ao neno de antes dándolle o xeado.

A segunda historia  que está conectada coa última, nesta o protagonista é Xavier que tubo a mala sorte de que o seu gato lle vomitara na mochila da escola, a súa nai obligoulle ir ao colexio coa mochila da súa irmá, esta era rosa, cando ía polo camiño inda encima, un bus manchouno de barro e ao chegar a escola todos se riron del , conta como se sentiu ata o punto de deixar de falar co seu mellor amigo.

A última narra a historia de Laura que quería xogar ca bicicleta pero súa nai non a deixou, entonces pediulle a seu irmán que xogara con ela e non quixo e cando estaba pintado o pai mandouna para cama entón marchou enfadada. Cando chegou a escola o día seguinte encontrouse con Xavier e empezaron a falar de canto se habían enfadado.

E xa nas seguintes páxinas mostra que hai que facer neses casos, como pedir perdón no caso de Xavier e tamén define as palabras máis importantes.

Tamén hai que destacar que as imaxes que se ilustran parecen moi reais e teñen continuidade, e o texto non ocupa un lugar fixo.
 

 
Potencialidades: É  un libro que nos vai servir para traballar co noso alumnado o sentimento neste caso de enfado, ademais de que non só nos trae actividades que podemos facer con eles se non que tamén lles serve os pais para facer na casa, xa que explica os pasos que hai que seguir. Ademais disto é un libro interactivo, porque fai preguntas para que os nenos/as reflexionen sobre como creen que se sentirían os personaxes ante tal situación e incluso serve para logo preguntarlle unha vez rematada a lectura como se sentirían eles se lles pasase o mesmo.
Tamén se traballa ao mesmo tempo a empatía, o valor do compañeirismo xa que mostra que non se debe enfadar cos amigos se non teñen culpa, se non que se deberían apoiar neles e falar contando como nos sentimos, dando consellos sobre que se pode facer se nos sentimos desa maneira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario