Tan Grandes, Tan Pequenos
Puig, Tere (2008), Tan grandes, Tan Pequenos, ilust. Isao,
trad. María Lado, Pontevedra:Cumio, [ 28.pp] (ISBN: 978-84-8289-247-4).
Breve descrición do formato e contido da obra: É
un álbum ilustrado dunha historia orixinal, este quere transmitir unha idea en particular,
axúdannos a ver a realidade dende diferentes perspectivas,
ten tamaño medio onde tanto a cuberta como a contracuberta son de cartón duro e
as paxinas de cartulina.Na cuberta mostrase a imaxe da cara do protagonista,
Lucas ,cos ollos cerrados, e imaxinándose algo sobre a noite isto danos unha
pequena pista.
Tamén hai que
destacar que a cara que aparece no protagonista vaise alternando, comeza nas
páxinas impares, logo pares e así, podéndose observar o que está imaxinando,
que é o que conta o texto. O texto soe aparecer no lado contrario a ilustración.
Ademais as páxinas onde aparece a ilustración son verdes igual que as letras do
texto e o fondo onde aparece o texto que é negro igual que a cor que aparece
nos pensamentos de Lucas, facendo referencia a noite. Polo que hai unha conexión
imaxe-texto.

Potencialidades:
É un conto
que lle ensina aos nenos/as que depende de onde e de que perspectiva observemos
o mundo unhas veces nos imos sentir grandes e outras pequenos. Ademais disto, é
un conto que serve para traballar cando os nenos teñen medo a escuridade ou non
queren durmir só, ou tamén cando non dean durmido, incluso para relaxalos.
Reflicte a importancia
da afectividade, para poder soñar e conseguir o que un se propón que o mundo é
grande pero que nós dependendo do momento tamén o somos. Mostra así a
importancia de ter soños na vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario