Mejuto, Eva (2006), Corre corre, cabaciña, ilust. André
Letria, Pontevedra: OQO Editora, col. O (+ 3 anos) [28pp.] (ISBN: 978-84-9871-532-3).
Presenta un formato
rectangular, de pouco volume. As tapas son duras e de cantos rectos.
Na cuberta aparece a protagonista da historia.
O título está situado na parte superior do álbum, en cor marrón, simbolizando
os perigos que corre. Xoga co tamaño das
palabras e do que significan, presentándoas con movemento. O nome da autora e
do ilustrador corren detrás da cabaza, facendo unha simboloxía ao tema central
da obra.
A contracuberta presenta
a imaxe das tres personaxes secundarias, animais coas que a protagonista ten que
zafar.
Os garda páxinas destacan por un fondo alaranxado escuro, do que sobresae unha
serie de cabazas formando varias liñas con distintas expresións nas súas caras.
As expresións das cabazas simbolizan os distintos momentos, ben sexan de apuro
ou de felicidade, polo que pasa a protagonista ao longo da historia.
A anteportada mostra
datos como o nome da autora, ilustrador, editorial, ISBN, a colección á que
pertence, etc.
A portada presenta o
debuxo dunha cabaza, na parte central da páxina, rodeada por unha estela marrón,
que simboliza que aínda está dentro da terra. O título do libro, Corre corre, cabaciña, en cor morrón,
sitúase enriba do debuxo da cabaza, e como na cuberta, xoga co tamaño das
palabras e co significado, dándolles movemento, como se escaparan correndo.
Na parte inferior
esquerda, aparece o nome da autora, Eva Mejuto e do ilustrador André Letria, e indícanos que este álbum ilustrado é unha adaptación dun conto tradicional
portugués. Na parte inferior dereita sitúase o nome da editorial: OQO editora.
Tamén hai que destacar que
as tramas da historia continúan dunha páxina a outra, como podemos observar na
seguinte imaxe.
Para a presentación da
historia, comeza coa imaxe da casa da avoa, da cal, pola cheminea sae bastante
fume, polo que denota que a época na que acontece é no outono, máis ben, pola
árbore ao lado da casa , na que parece que aínda no caeron todas as follas.
Os textos, destacan pola cor negriña nos
diálogos e no tamaño cando falan as bestas para darlle maior profundidade ao
seu diálogo e o seu ton de voz.
Os diálogos son repetitivos e facilitan a súa
memorización. Tamén xoga coa sonoridade
e coa rima:
“Cabaza, cabaciña, non viches por aí unha velliña?” Utiliza
diminutivos e aumentativos, como xogo para a rima, o que da lugar a un
trabalinguas: “Non vin vella nin
velliña, nin velliña, nin vellón, corre corre, cabaciña, corre corre, cabazón!”.
En relación as expresións
das cabazas que observamos no garda páxinas é interesante destacar
En
primeiro lugar, presenta a unha avoa que
irradia felicidade, tras recibir a invitación á voda da súa neta, como evidencia
eses raios que saen da avoa en tons
vermellos e alaranxados. Esta simboloxía da felicidade é representada como a proxección do sol que
emite raios de luz, enerxía e brilla con intensidade. De aí a expresión irradia
felicidade.
A segunda imaxe, aínda
que non se percibe moi ben, presenta o recordo da avoa, que ten que volver a
casa e das tres bestas que a están esperando polo camiño. Ese recordo é
representado cun trazo pouco definido, circular
e en espiral. Predomina a cor branca.
Este álbum ilustrado relata a historia dunha
velliña que recibe a invitación á voda da súa neta. Esta deciden emprender a
viaxe e polo camiño encontrase tres
bestas que a queren papar. A astucia da avoa, permítelle zafar das distintas
situacións, convencendo ás bestas de que cando volva para a casa estará máis gordiña,
xa que vai a un convite.
Esta obra ten unha estrutura
circular, a avoa sae da casa para ir ao convite da súa neta. No camiño encontra ás tres bestas (o lobo, o oso e o león). Ao día seguinte, volve a casa despois
da voda e volve encontrar ás tres bestas (o león, o oso e o lobo).
O asunto é non ser comido,
de xeito que a agudeza e a creatividade son factores importantes para conseguir
o éxito e zafarse das adversidades.
Trátase da adaptación dun
conto popular portugués, que recorda ao conto de Carapuchiña vermella. Neste
caso é a avoa, quen ten que visitar á neta porque vai casar. Polo camiño
atopa a tres bestas depredadoras (o lobo, o oso e o león, propias da
tradición oral), das que ten que zafar para que non a coman.
Potencialidades: A historia á de carácter repetitivo, polo que
facilita a memorización. É interesante a introdución de rimas e trabalinguas
así como episodios humorísticos, no que a velliña ten que meterse dentro dunha
cabaza para que os depredadores no a recoñezan e poida chegar sa e salva á súa
casa. É unha historia sinxela. A avoa utiliza a cabaza como disfrace para que
non a recoñezan. O tema do disfrace e a cabaza asóciase ó Samaín, polo tanto é
boa época para traballar cos nenos este conto. Poden facer representacións e
diferentes actividades relacionadas co álbum ilustrado e a época, como baleirar
as cabazas e facerlle distintas caras, facer uns disfrace de cabaza ou
maquillarnos a cara, debuxar ou moldear
a súa propia cabaza, etc.
Os diálogos axilizan o ritmo
da narración, tanto as imaxes coma o texto están complementados e facilitan a
compresión da historia. Tamén pode ser lida de forma independente, é dicir,
existe unha canción inspirada na historia Corre
corre, cabaciña, na cal, de forma cantada, conta o que acontece, utilizando as rimas e trabalinguas
propios do libro. Así como o libro trátase dunha canción repetitiva e de fácil
aprendizaxe. Como mostra este enlace https://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc.
Cantan a canción mentres
van pasando as follas do libro, e podes ver que existe concordancia entre os
distintos materiais. A canción presenta un ritmo lento ata que chega o trabalinguas
“ non vin vella nin vellina, nin velliña
nin vellón. Corre corre, cabaciña, corre corre cabazón!” onde acelera o
pulso e invita ao movemento.
Tamén podemos traballar
as diferentes emocións e expresións, falando cos nenos e que nos conten cales
ven e aprendendo outras novas, sempre coa axuda de numerosos recursos lúdicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario