xoves, 13 de abril de 2017

Arturo

Xosé Manuel González Oli (1960),Arturo,ilus.Marc Taeger, Sevilla:Kanlandraka, Libros para soñar, (2-3 anos) [26pp]ISBN 978-84-15250-12-8.



Breve descrición do formato e contido da obra:Libro ilustrado de forma cadrada (19x19cm) de pequeno volume,encadernado en cartón coas esquinas recortadas. Consta dunha cuberta e contracuberta .Na cuberta o nome do autor aparece no encabezado ,a man esquerda ;mentres que o nome do ilustrador aparécenos a man dereita;no centro,o debuxo dun polo no interior dun ovo e debaixo o nome do conto co nome  da editorial. As cores que presenta son moi chamativas ,as máis predominantes son:o azul do fondo, e o amarelo do poliño.
Na contracuberta aparece o debuxo da cáscara dun ovo xa rota ,xunto con iso, no encabezado amósasenos unha serie de dedicatorias  do autor para os seus nenos.No interior do libro temos unhas follas grosas con debuxos chamativos,e a beira de cada un deles a narración do conto,onde nos fala da historia dun pequeno polo chamado Arturo que intenta de forma deseperada saír do cascarón do ovo , que xa lle queda moi pequeno,postumamente,cando por fin o chega a abrir atópase con que hai un mundo inmenso e descoñecido para él.


Potencialidades:é un libro onde se abordan temáticas como a fraxilidade dos nenos recén nacidos,qué sinten o chegar a este mundo,cal é a súa impresión inicial do entorno o que chegan ,os seus temores e inseguridades.Reflexa a tenrrura ,o instinto de proteción que suscita nos lectores.
O texto é sinxelo e conta cun alto compoñente sensitivo,que se completa cunhas ilustracións, con trazos grosos e fortes,as cores intensas e de forma esquemática,para facilitar a súa identificación e comprensión aos nenos máis pequenos

Ningún comentario:

Publicar un comentario