venres, 3 de abril de 2020

A familia sabores


Durán, Teresa (1990). A familia sabores, ilust. Irene Bordoy, Barcelona: Sotelo Branco.[24 pp.]. (ISBN:84-7824-074-8). 

Descrición do formato: a obra A familia sabores é un libro ilustrado de Teresa Durán (Barcelona, 1949). O formato é de tapa branda rústica con dimensións 19 x 16 cm. Na cuberta aparece toda a familia: o pai, a nai, os seus fillos e o seu gato. Debaixo da ilustración aparece o título da obra, o nome da autora e da ilustradora e da editorial. Na contracuberta aparecen outros títulos de obras que se engloban na colección “A fiestra”, xunto con información sobre a familia Sabores. No lombo do libro aparece o título da obra e o nome da súa autora. A cuberta e a contracuberta están feitas de cartón e as páxinas tamén. Na contracuberta do libro a cor do fondo é moi claro, fronte aos personaxes con cores vivas, para así resaltar aos protagonistas. Na portada aparecen os compoñentes da obra, a editorial e o título en maiúsculas. Debaixo unha ilustración do bebé da familia, neste caso o personaxe sería Salgada, a súa filla.

Contido da obra: en A familia sabores preséntase a unha parella formada por unha bióloga e un cociñeiro. Eles tiñan moitas ganas de ter un fillo ou unha filla, pero tras consultar o seu médico, reciben unha triste noticia: non poden ter fillos. A pesar da mala nova non decaeron e decidiron telos por outro método. Este método consiste en realizar unha receita e intentar crear así os seus fillos e fillas. Tras varios intentos despois dun tempo tiveron a tres nenas e a un neno. Cada vez que ían modificando a receita saían nenos e nenas de diferente tipo: un doce, outro amargo, outro salgado e o outro picante. 

Potencialidades: con esta obra podemos traballar dous temas diferentes, como son a diversidade e as múltiples formas para crear unha familia. No primeiro caso é de salientar que as diferenzas se abordan dende unha perspectiva humorística e incídese en que todas somos diferentes, representadas polos sabores diferentes. Outro aspecto que se pode traballar coa lectura desta obra é a existencia de distintos métodos para poder ter fillos/as, xa que os protagonistas non poden ter fillos de forma natural e recorren a outros métodos para poder ter fillos ou fillas.

Recursos educativos 
Las familias en las aulas. Guía práctica de herramientas y recursos educativos de Diversidad Familiar, en https://www.felgtb.com/descargas/familias/Lasfamiliasenlasaulas.pdf (consultado o 29/03/2020).
Guía didáctica en materia de adopción (2008-2009), en https://www.educa.jcyl.es/es/guiasypublicaciones/guia-didactica-materia-adopcion (consultado o 29/03/2020)


Ningún comentario:

Publicar un comentario