Trevistán, Irena (2019). Aladino. Ilust. Luna Scortegagna, trad. Mariona
Barrera Aguilera. Barcelona: Timun Mas, 32 pp. (ISBN: 978-84-08-20973-7)
Descrición e formato
Este libro comeza amosando unha cuberta de cores vivas con tons maxentas no fondo e motivos orientais xeométricos. O título está centrado na parte superior da mesma, e debaixo aparece a figura protagonista do relato, Aladino, xunto cunha lámpada marabillosa. Cabe destacar a presenza dunha figura de lámpada que se pode retirar para deixar ver o interior da portada, os ollos do xenio. Na contracuberta aparece unha breve sinopse xunto a unha ilustración representativa do mundo oriental (un palacio e dous camelos no deserto). Nas gardas o fondo presenta pequenas lámpadas de aceite, mais na que pecha o libro aprécianse tamén os créditos e outra ilustración de camelos. A portada amosa outra ilustración do protagonista da historia xunto ao xenio da lámpada marabillosa. Non ten índice nin prólogo.
Trátase dun álbum ilustrado, no cal ilustracións e texto escrito se complementan con troquelados que enganden elementos de interacción coa obra, ademais de aportar orixinalidade e beleza ás páxinas. Os motivos son orientais, ambientando a trama da historia con detalles e sensibilidade, distribuídos cada dúas páxinas aproximadamente.
O relato conta a historia de Aladino, un mozo que vive en Arabia e que perdeu ao seu pai cando era neno. Un día aparece un personaxe que di ser seu tío, pero en realidade é un bruxo que o que busca é enviar a Aladino a unha cova para recuperar unha lámpada marabillosa que contén un xenio capaz de conceder desexos. A intelixencia do rapaz para usar esa lámpada serviralle para converterse nun famoso mercador con luxos e riquezas, até mesmo casar coa filla do sultán e construír un palacio de ouro. Tras varios intentos do bruxo e do irmán deste de conseguir a lámpada, ambos acaban derrotados e confinados na propia lámpada, mentres o xenio queda libre e acaba vivindo felizmente no palacio con Aladino e a princesa.
Potencialidades en EI
Este conto está baseado no clásico Aladin e a lámpada maravillosa (Aladdin and the magic lamp), no que o elemento central é a fantasía e a capacidade de soñar, simbolizada principalmente pola figura do xenio. Tamén se poden abordar diferentes valores, coma a bondade e a malicia, representadas polas personaxes de Aladino e a princesa fronte aos dous bruxos. Outro aspecto relevante é que, que nos axudan a identificar estereotipos e condutas ou actitudos que configuran ás persoas e ás sociedades. Por último, os elementos materiais interactivos, como son os troquelados, introducen elementos vistosos para o lectorado infantil que se aproxima así a unha obra clásica reescrita e actualizada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario