DE DIOS, O (2017). Monstruo Rosa. Ilust. da autora.
Zaragoza: Apila Ediciones, 36 pp. (ISBN: 978-84-939734-4-3).
Descrición do formato e o contido: álbum
ilustrado cunha cuberta dura e resistente e follas grosas. A súa forma é
rectangular, case cadrada, cunhas dimensión de 22x25. Na súa cuberta resalta a
cor rosa, tanto no título coma na ilustración correspondente co monstro
protagonista da historia, que sobresae cun sorriso sobre un fondo branco, transmitíndonos
que vai ser alguén que destaca na súa contorna. Na parte superior resalta o
título en maiúscula sobre o nome da autora e ilustradora; tamén se observan
dous círculos que anuncian premios gañados por dito libro, ademais dun corazón
rosa que indica a edición. Na primeira folla aparecen os datos correspondente á
ficha bibliográfica do libro xunto cunha dedicatoria; a seguinte corresponde coa
portada, na que aparece o título da obra en cor rosa, envolto nunha nube
contenta cun arco da vella por riba. Na contracuberta, sobre un fondo branco, aparecen
unhas casas e árbores cubertos por unha nube que conta que se trata dun conto
sobre a diversidade. Todas as ilustracións
do libro son dixitais pero están realizadas seguindo técnicas tradicionais como
é o debuxo a lapis, rotulador e acuarela. Mediante as formas e as cores podemos
interpretar os sentimentos dos personaxes. Ao inicio da historia só se pode
observar a cor negra das siluetas dos debuxos máis o rosa que fai destacar ao
protagonista do conto, todo sobre un fondo branco; cando cambia o fío da
historia as ilustracións énchense de cores rechamantes e cheas de vida con personaxes alegres. En canto á tipografía utilizada,
é sinxela, de cor negra, salvo o nome do protagonista que aparece en rosa en
todo momento. A linguaxe é clara e sinxela e o texto está composto por frases
pequenas.
Dende o punto de vista do contido, iniciase
a historia describindo a Monstro Rosa, como é, as diferenzas cos demais. Vivían
nun lugar onde todo era branco e todo estaba tapado por unha gran nube; sempre
que xogaban monstro Rosa perdía, pero nunca deixaba de sorrir. Pola noite
soñaba con descubrir outros espazos e como se sentía diferente un día atreveuse
a buscar outro lugar, chega a un novo lugar ateigado de color, onde encontra
novos amigos que o acollen nese mundo onde a forma de ser de cada un marca a
diferenza e a felicidade.
Potencialidades: esta
lectura aborda diversos temas de interese: a diversidade como elemento
enriquecedor da sociedade, a integración e incluso o coñecemento de diversos
conceptos relacionados coas formas, colores, lonxitudes e tamaños. Esta obra
permítenos transmitirlle ao alumnado a importancia de valorar e aceptar as
diferenzas propias e a dos outros. Ademais, pódenos servir para utilizar cando
se analice algún problema na aula en relación coa integración do alumnado,
servíndonos del como apoio.
Recursos:
Cuentos en la
nube (2017). Monstruo Rosa [Arquivo de vídeo]Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=_1ns78xuJYM
Olga de Dios
(2013). Monstruo Rosa [Mensaxe nun blog] Olga de Dios. Recuperado de https://olgadedios.es/obra/monstruo-rosa/
Sharing Learning
(2018). Canción Infantil para el cuento “Monstruo Rosa” de Olga de Dios
[Arquivo de vídeo] Recuperado de https://www.youtube.com/watch v=7zYW4af45KQ Trátase dunha
canción composta por unha parella para acompañar a historia.
Sharinglearning
(2017, diciembre 29). Monstruo Rosa, creciendo en diversidad. Sharing learning
on the road. Recuperado de http://www.sharinglearnings.com/2017/12/29/dia- 4-monstruo-rosa-creciendo-en-diversidad/
Tumonstruorosa (2016). El cuento [Mensaxe nun blog] El
blog de Monstruo Rosa. Recuperado de http://tumonstruorosa.blogspot.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario