FERNÁNDEZ, B (2018). Laia. Ilustr. Leandro Lamas. Betanzos:
Baia Fernández de la Torre, 36 pp. (ISBN: 978-84-09-02013-3).
Descrición do formato e o contido: álbum
ilustrado cunha cuberta dura e resistente, encadernación en cartoné. A súa
forma é cadrada cunhas dimensión de 23x23. A súa cuberta amosa unha imaxe moi
bonita, que na parte inferior asómase a metade da cara dunha nena pero con
prolongacións asociadas a diferentes elementos da natureza: o final do seu pelo
aparenta o azul do río; a parte superior, o cume dunha montaña da que semellan
asomar dúas árbores cheas de paxaros. Sobre as árbores aparece o título en cor
azul. Por outra parte, na última folla aparecen os datos correspondente á ficha
bibliográfica do libro. Por último, na contracuberta, na parte superior amosa
uns paxaros enriba dunha póla e na parte inferior aparecen unha ondas azuis.
Entre estas dúas ilustracións aparecen dúas opinións sobre o libro.
As páxinas desta obra están cheas de cor grazas ás ilustracións realizadas
con lapis e acuarela. Abundan paisaxes naturais e animais que chaman a atención
dos nenos/as. A tipografía utilizada é sinxela, de cor negra e dun tamaño
pequeno. Este álbum ilustrado contén gran cantidade de texto pero a linguaxe
empregada é moi sinxela. Ademais mantén unha secuencia repetitiva cos distintos
animais cos que se vai encontrando ao longo da historia.
Dende o punto de vista do contido: Laia é
unha nena moi especial, leda e á cal lle encanta andar polo bosque e cantar cos
paxaros. Ao longo das páxinas amósase como Laia se encontra con distintos
paxaros atraídos polos seus cabelos en distintas tonalidades que van marchando
e a deixan preocupada pensado que os aburre ou non gustan dela. Ao final da
historia Laia reencóntrase cos tres paxaros, estes falan dunha mesma rapaza
pero con distintas cores de cabelo, mais cando Laia aparece decátanse de que se
trata da mesma rapaza pola súa ledicia e cantar. Laia cunha mensaxe final
intenta transmitir que a pesar das dúbidas acerca dos pensamentos dos paxaros
cara a ela, foi capaz de ser feliz e
facer moitas cousas emocionantes.
Potencialidades: esta
lectura transmítenos como tema principal a aceptación propia. Laia aborda a necesidade de coñecerse e
valorarse a un mesmo á marxe do que os demais poidan xulgar. Amosa tamén a
importancia de valorar elementos e virtudes e non cuestións vinculadas á
aparencia, fomentando así a interiorización de valores adecuados e importantes
na infancia. Este álbum ilustrado aventúranos ao camiño da experiencia e a aprendizaxe
como paso necesario para crecer e ser nós mesmos.
Recursos:
Nicolás,
R (2018). Laia de Baia Fernández e Leandro Lamas [Mensaxe dun blog] Caderno de
crítica. Recuperado de https://cadernodacritica.wordpress.com/2018/08/24/laia-de-baia-fernandez-de-la-torre-e-leandro-lamas/
Ningún comentario:
Publicar un comentario