Hoffman, Mary (2014). Bienvenido a la familia, ilust. Ros Asquith, Barcelona: Editorial Juventud.[32 pp.]. (ISBN: 84-261-4073-9).
Descrición do formato do libro: o libro Bienvenido a la familia é un álbum ilustrado da autora Mary Hoffman (Eastleigh, 1945). O material co que está feito o libro é cartoné e ten unha dimensións de 22 x 28 cm. É un libro dun tamaño un pouco grande para os primeiros curso de Educación Infantil e máis ben estaría destinado os últimos ciclos desta etapa. A cuberta do libro amósanos unha imaxe central sobresaínte en contraposición cun fondo branco. Nesta imaxe podemos ver unha chea de persoas e nenas de diferentes lugares. Dentro dela hai unha chea de familias de diferentes composición entre si. Isto podémolo investigar tras ler a obra xa que moitas destas persoas aparecen dentro e falan sobre a súa familia. Así mesmo, mostrásenos o título, a editorial e a autora e a ilustradora do libro. Pola outra banda, na contracuberta aparece un dos protagonistas do libro debuxando a súa familia. Debaixo da imaxe fainos unha pregunta aos lectores do libro. As ilustracións que aparecen en toda a obra son moi realistas e sempre están en contraposición co fondo branco. Nas gardas do libro aparece a mesma imaxe, nesta vese unha chea de nenos e nenas e un osiño, que son os protagonistas da obra. Cada un e unha ten un tipo diferente á dos demais, que aparecen a maioría dos casos cun sorriso na cara.
Descrición do contido do libro: o álbum ilustrado conta as diversas formas nas que un bebé ou un neno/a poden chegar a una familia. Primeiro, fala do parto natural e do nacemento dun neno ou nena e tamén fala das familias numerosas. Neste, ademais, trátase a adopción tanto dun bebé como dun neno ou nena xa algo máis grande. Esta pode ser por parte dunha nai e dun pai, dúas nais, dous pais ou so un membro, é dicir, unha nai ou un pai. Así mesmo, explícase o que se coñece como familia de acollida e que estes nenos e nenas teñen dúas familias, a biolóxica e a familia de acollida. Por outro lado fálase de familias nas que os pais ou as nais son do mesmo sexo e teñen fillos ou fillas. Outro método que se explica é a fecundación asistida, a cal se leva a cabo cando unha parella non pode ter fillo/as. Tamén, tratan o ventre de aluguer, que adoita ser usado por parellas conformadas por dous homes que queren ser pais. Por último, explícase a familia reconstruída, a formada por dúas familias que se separaron con anterioridade. Este conto fala de toda a diversidade familiar que se pode chegar a dar. A perspectiva adoptada reflicte unha mensaxe moi positiva: non importa como sexa a túa familia ou onde naceras, senón o importante é que tes unha familia na que estás feliz e recibes moito amor.
Potencialidades da obra en educación infantil: a través deste conto podemos traballar cos nenos e nenas dos últimos cursos de Educación Infantil dous temas moi importantes que son a diversidade familiar e cultural. Neste fragmento explícanse a ampla gama de familias que se poden chegar a dar. Este paréceme un tema moi interesante a traballar cos nenos porque pode que algún dos nosos alumnos e alumnas se sinta identificados con esa variedade e non co que estamos acostumados a ver que son as familias tradicionais. Este tema poderiámolo traballar a través de cancións, ou do relato de vivencias persoais ou a través de xogos de rol no que grupos de nenos e nenas se poñan no lugar dos distintos tipos de familia. Tamén como tema paralelo se pode tratar a diversidade cultural, xa que en moitas familias se da o caso da adopción en países con culturas diferentes.
Recursos educativos:
Sofía, F. (2017, 27 de octubre).Los tipos de familia. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=3Ph23pQgkl4
Los Titis- Cuentos y Canciones de Motivación Infantil.(2018, 16 de junio). Diversidad familiar para niños- el baile de las familias- los titis motivacion infantil. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=CRth8_tnF3M&t=15s
MarketingUp. (2015, 6 de octubre). Campaña fomenta diversidad familiar. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=SBs45uBDAhU
Iris, B. (2015, 9 de noviembre).Diversidad Familiar Spot. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=xQAs_a4NIuY
Encántame a temática deste libro! Paréceme moi importante que se lles explique aos nenos e as nenas que non existe so un tipo de familia, unha forma de chegar a ela e que pais e nais non son só os biolóxicos. Se queremos que comprendan e respecten este tipo de cuestións é imprescindible que llas expliquemos. E este libro paréceme un moi bo recurso. Boa elección, Sabela!
ResponderEliminar