Neira, Xosé A. (2008). Unha chea de familias, ilust. Rodrigo Chao, Vigo: Editorial Galaxia. [48 pp.]. (ISBN: 978-84-9865-104-1).
Descrición do formato do libro: o conto Unha chea de familias é un álbum ilustrado do escritor Xosé A. Neira Cruz (Santiago de Compostela, 1968). O material do que está feito o libro é cartoné. E un libro de tamaño mediano pero é moi pesado o que dificulta un pouco a manipulación de nenos e nenas dos primeiros ciclos de infantil. As súas dimensións son 29 x 22 cm. Por este motivo e porque ten moitas páxinas, en total corenta e oito, sería un libro adecuado para o último ciclo de Educación Infantil. A cuberta deste libro podemos ver como continúa na contracuberta: mostran unha imaxe común que pode representar a veciñanza na que vive a protagonista do conto. Nesta imaxe móstrase unha serie de bloques ou edificios, todos coas luces dos pisos acendidas. A imaxe está escura e con cores apagadas porque amosa que é de noite. Na cuberta móstrase sobre este fondo o título da obra, o nome do seu autor e do ilustrador, así como, a editorial do mesmo. As gardas reproducen a mesma imaxe: a silueta dun grupo de edificios que pode semellar a veciñanza ou a zona na que vive Mariña. Esta ten tonalidades marrón claro para o ceo e os edificios máis afastados. E marrón escuro para os edificios que están máis preto e que un deste pode ser o da protagonista. Estas cores escuras tanto para as gardas como para a cuberta e a contracuberta, contrapóñense coas imaxes do interior do libro, que son de cores rechamantes e vivas.
Descrición do contido do libro: neste libro contase a historia dunha nena que se chama Mariña. É unha nena moi curiosa e que lle gusta preguntar moitas cousas. Esta vive co seu pai soa debido a que a súa nai morreu. Un día fíxolle unha pregunta ao seu pai que provocou que este lle explicara cantos tipos diferentes de familia pode haber. Para isto levouna polo edificio para coñecer as diversas familias de cada veciño. A primeira familia de veciños que se atoparon era unha familia con catro membros e un hámster. Despois deron cunha familia de tres, pero con características especiaiss: a nai e o pai adoptaron a súa filla en China, xa que esta non tiña pais e estes non tiñan fillos, e ademais moi pronto aumentarán a familia cunha adopción máis. Outra das familias que se atoparon é unha familia moi ampla que chegou de Marrocos. Trátase dunha familia numerosa con cinco nenos e nenas, a súa avoa e os seus pais. Tamén, atoparon unha muller que tiña dous fillos xemelgos, esta tivo os seus fillos ela soa a través dun médico. Outra das familias que viron foi un señor coa súa nai, a cal tiña alzheimer. Despois, atopáronse a outra familia no ascensor conformada por dous homes que querían ser pais. Outra era unha familia chea de músicos e músicas que era moi numerosa. Despois tamén atoparon unha familia de tres membros que xa coñecía a Mariña porque o seu fillo ía con ela a clase. Por outro lado, no parque sempre estaba Paco e o seu can e ela deuse de conta de que tamén eran unha familia. E, ese día aprendeu que hai unha chea de familia.
Potencialidades da obra en educación infantil: a lectura desta obra fomenta a reflexión sobre os diferentes tipos de familias que existen. Abordar dende a ficción esta temática permite o coñecemento da realidade social, a posta en común entre o alumnado e o fomento dunha actitude respectuosa por cada un destes modelos familiares.
Recursos educativos:
Atios, V.(2016, 13 de mayo).Unha chea de familias. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=9CP4l1xye2Q
Li DiÑa Larpeira.(2018, 16 de abril). Unha chea de familias. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=2b42TwUXXoA
Iris, B. (2015, 9 de noviembre).Diversidad Familiar Spot. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=xQAs_a4NIuY
Los Titis- Cuentos y Canciones de Motivación Infantil.(2018, 16 de junio). Diversidad familiar para niños- el baile de las familias- los titis motivacion infantil. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=CRth8_tnF3M&t=15s
Ningún comentario:
Publicar un comentario