xoves, 2 de abril de 2020

De que cor é un bico?




Bonilla Raya, Rocío (2015). De que cor é un bico?, trad. María Solar Núñez. Alzira: Algar Editorial, 32 pp. (ISBN: 978-84-9142-059-0).

Descrición do formato e do contido: Este conto é un álbum ilustrado con cubertas de cartoné e cunhas dimensións de 21x29 cm. Na cuberta podemos observar a Minimoni, a protagonista da historia, cunha expresión pensativa rodeada de lapis, pinceis, botes de cores e manchas de pintura, tamén se pode ler o tulo do libro e os nomes da escritora, a tradutora e a editorial do conto. Na contracuberta atopamos as mesmas manchas de pintura que na cuberta, xunto cun breve resumo do conto e o código de barras do libro. No lombo podemos ler o título do conto, o nome da autora e o logotipo da editorial.
Xa no interior do libro podemos observar que tanto as gardas iniciais como as finais son iguais e nelas aparecen distintos debuxos en branco e negro da protagonista en diferentes posturas e situacións. Nas portada atopamos o título do conto con distintos utensilios de pintura como lapis e pinceis. As ilustracións son case todas a unha soa paxina, excepto algunhas que están debuxadas a dobre xinas. Son moi vistosas e con cores rechamantes para que os nenos se sintan atraídos cara a elas. O texto é breve e aparece colocado en diferentes espazos, cunha íntima relación coas ilustracións que o acompañan. Tamén presenta diferentes tipoloxías que lle dan énfase a determinadas palabras.
A historia está narrada pola protagonista do conto, a nena Minimoni, polo que é un narrador en primeira persoa. Só a última frase semella ser un narrador en terceira persoa.



Desde o punto de vista do contido rrase a historia de Minimoni, unha rapaza á que lle gusta moito pintar, pero un día enntrase cun problema: non sabe de que cor pintar os bicos. É aí cando comeza a enumerar distintas cores e a dicir porq os podería pintar dunha cor ou non, atendendo aos seus gustos e experiencias persoais. Como non aclarado a súa dúbida de que cor pintalos, decide preguntarlle a súa nai, quen lle responde cun bico cheo de cores. Péchase a historia lanzando unha pregunta aos lectores: de que cor pintarían eles os bicos.



Potencialidades: Este conto sérvenos para traballar o tema das emocións e sentimentos cos nenos e nenas, xa que a través da pregunta que se fai Minimoni e que dá título ao libro, De que cor e un bico?, se van asociando diferentes colores con algunhas emocións que os nenos poden ir aprendendo, á vez que asocian con situacións que eles mesmos viviran. Tamén se poden traballar as cores relacionándoas con obxectos, sentimentos, sensacións, etc. Por outra banda, podemos traballar moito vocabulario, por exemplo, as verduras, os animais etc., que vai nomeando a protagonista e establecer outras comparacións con elementos que presenten cada unha das cores tratadas, o que contribúe ao coñecemento da contorna dos máis novos. Por último, tamén se poderían traballar as medidas, xa que o libro contén un medidor no que Minimoni aparece subida enriba dalgúns animais que nomea no conto. Con isto podémoslle explicar aos nenos o que é o concepto de altura e traballar as medidas, experimentando co propio corpo de nenas e nenos, as súas extremidades, faccións, cabelo, pés.... de modo que no concreto sexan capaces de ver reflectido o abstracto.

Recursos de interese:

  • Medidor que conten o libro para medir aos nenos e nenas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario