xoves, 9 de abril de 2020

Gato rojo, gato azul


Desmond, Jenni (2016). Gato rojo, gato azul. Ilust. da autora. Madrid: Lata de Sal, [36pp.]. (ISBN: 978-84-9411-365-9).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado encadernado en cartoné cunhas dimensións de 21,6x28 cm. Na cuberta do álbum aparece un gato vermello e un gato azul mirándose con cara de poucos amigos, que teñen no seu corpo escrito o título da obra, mentras na parte superior se coloca o nome da autora e na inferior o da editorial. No centro da contracuberta aparece un debuxo do edificio donde viven ambos gatos con eles dous dentro, na parte dereita aparece un breve resumo da historia e na esquina inferior esquerda a indicación de que ao longo do libro hai 50 ratos escondidos para que os lectores procuren atopalos. As cores que predominan nas ilustracións son o vermello e o azul, ademais cando aparece no texto gato vermello, esas dúas palabras aparecen en vermello, o mesmo sucede cando aparece gato azul. Ao longo do álbum atopámonos páxinas nas que unha soa ilustración ocupa toda a páxina e outras nas que cada páxina contén múltiples escenas. Nestas múltiples escenas podemos ver como se divirten pola súa conta, como pelexan cando se xuntan… Ademais no transcurso da obra tamén aparecen numerosas onomatopeas que imitan os sons que emiten cando pelexan.
Dende o punto de vista do contido o libro conta a historia de dous gatos, un vermello e un azul, que viven no mesmo edificio. Gato vermello non soporta a gato azul e gato azul non soporta a gato vermello, pero en realidade ambos desexan ser como o outro.

Potencialidades educativas: A envexa e os celos están presentes en moitos nenos e nenas durante os primeiros anos, cando nace un irmán/á, cun amigo… coa lectura deste álbum pódense sentir identificados cos gatos e darse conta de que este sentimento non é positivo. Aínda que ao comezo da obra os gatos non se soportan, a amizade ten moita importancia nesta obra, xa que en realidade se admiran mutuamente. É un bo recurso para tratar a autoestima, xa que como sucede cos gatos, aínda que a nós non nos gusten as nosas cualidades e as vexamos como defectos aos demais sí poden gustarlle e parecerlles grandes virtudes. Estes gatos ensínannos a querernos e aceptarnos tal como somos e tamén poñen de relevo a importancia do altruísmo, xa que ao final os gatos deixan de pelexar e comezan a axudarse mutuamente e ensinarlle ao outro o que sabe facer cada un.

Recursos de interese:
Lectura do conto Gato rojo, gato azul por Juan Gómez (2020), en https://www.youtube.com/watch?v=v-8pL8xbk_U

Ningún comentario:

Publicar un comentario