Anderson, L. E. (2017). ¡No quiero el cabello rizado!. Barcelona: Picarona, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-16648-94-8)
Descrición do formato da obra: álbum ilustrado cunha cuberta de cartoné, formado por 32 páxinas e unhas dimensións de 27x25 cm. Na cuberta aparece a ilustración da nena protagonista, con cara pensativa mirando de reollo o seu pelo. A ilustración é moi grande e rechamante e ocupa a metade da cuberta; enriba dela atópase o título, e na parte superior deste o nome da autora. O título atópase escrito en dous cores, e diferente tamaño, destacando “cabello rizado”, xa que é o tema principal do álbum. A continuación atópase, a páxina de dereitos onde aparece a dedicatoria do álbum por parte da autora, que llo dedica á súa familia, e información do mesmo, o ISBN, os nomes dos editores etc; na portada volve aparecer o título do libro, unha ilustración significativa e o nome da editorial. Na contracuberta aparecen ilustracións e partes do texto que se poden atopar dentro do álbum, un comentario, o ISBN, o código de barras e o nome da editorial
As ilustracións ao longo do álbum son moi rechamantes, sobresaíndo as cores laranxa e vermella, xa que a protagonista ten cabelo rubio. Tamén é moi esaxerado o tamaño do pelo, xa que ocupa a metade das follas nas que aparece, destacando que é moi importante. O texto aparece, na maioría dos casos, en diferentes tamaños, destacando algunhas palabras. Atópase integrado nas ilustracións.
O contido xira ao redor do dilema que ten a nena protagonista co seu pelo, xa que di que non lle gusta, que custa moito coidalo e ela defende que lle encantaría que fose liso e sedoso. Durante toda a obra tenta que o seu pelo mude a liso, mais non o consegue, os seus remuíños sempre saen de novo. Ao final dáse conta de que o seu pelo non está tan mal, xa que coñece outra nena á que lle pasa o contrario, quere ter o pelo rizado. Xuntas danse conta de que cadanseu pelo é especial e divertido, e que poden facer miles de peiteados unha a outra.
Potencialidades educativas: con este álbum pódese traballar a poesía, neste caso en castelán. Na miña opinión é un bo álbum para comezar a traballar con esta modalidade literaria, xa que é moi sinxela e doada de comprender polo seu vocabulario. Ademais outras temáticas posibles son a autoestima, ao incidir no feito de que cada persoa debe aceptarse tal e como é, xa que cada un é único e especial. Neste álbum móstrase coma ambas as nenas queren ser coma a outra, xa que pensan que o seu cabelo é aburrido e non se dan conta que á outra lle gusta exactamente iso. O conto fai ver que moitas veces as persoas buscan fallos nun mesmo, cando os demais só ben eses supostos fallos coma algo bonito. Polo tanto, trabállase o amor propio, cando ao final as dúas nenas se dan conta de que os seus cabelos son divertidos; e a amizade, xa que xuntas aprenden a facer miles de peiteados e a divertirse unha coa outra.
Recursos educativos:
- Audioconto en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=9TSnKhHVgO0 (Revisado o 4 de abril de 2020)
- Varios blogs nos que contan a súa opinión do álbum, por exemplo: http://trastadasdemama.blogspot.com/2017/06/no-quiero-el-cabello-rizado.html (Revisado o 4 de abril de 2020)
- Blogs nos que amosan a opinión do álbum e ademais un audioconto: https://www.bichitoslectores.es/no-quiero-el-cabello-rizado/ (Revisado o 4 de abril de 2020)
Gosto moito deste libro! É moi importante traballar a autoestima dende as idades máis temperás. Pero a verdade é que eu poría como protagonista a unha nena negra. Elas sofren moito máis a estigmatización, e traen ancorados anos de prexuízos e vexación cara o seu cabelo.
ResponderEliminar