Núñez, M. (2004): A Cebra Camila. Ilust. Villán, O. Pontevedra: Kalandraka [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-126-1)
Breve descrición do formato e do contido: álbum ilustrado de
cartoné, cunhas medidas de 22x22cm. Na cuberta aparece o título da obra, en cor
negra, nun fondo redondo branco, sobre un fondo marrón. Tamén aparece Camila, a
protagonista, que leva postos os seus cueiros morados cos seus tirantes
vermellos. Está sobre o céspede verde, e predomina ao seu redor o ceo azul. Ao
lado de Camila están os nomes dos autores da obra, en cor branca e negra. Na
contracuberta, tamén de cor marrón, aparece o caracol que nun momento
determinado, axudou á nosa protagonista. Está colocado sobre unha bola verde,
semellando o céspede. No interior, as ilustracións son de dobre páxina, e
predomina sempre o mesmo escenario, o ceo marrón e o céspede verde.
Este conto é unha
obra narrada, acumulativa e rimada, na que Camila vestía sempre os seus cueiros
morados e os seus tirantes vermellos, ata que se lle quedaron pequenos, e ela
xa non os quería pór, pero a súa nai non a deixaba saír sen eles. Un día,
desobedeceu e saíu a rúa eles, polo que o vento lle levou as raias do seu
corpo. Entón comezou a chorar e foi pedindo axuda a distintos animais para recuperar
as súas raias. Cando chegou á casa, a súa nai regaloulle a última fita e
confesoulle que xa era maior, polo que non tería que volver levar os tirantes e
os cueiros.
Potencialidades educativas: coa lectura deste
álbum ilustrado podemos traballar coas nenas e nenos de Educación Infantil a importancia
de axudarse os uns aos outros, sobre todo cando unha persoa ten un problema e
precisa da nosa axuda. Tamén é importante reflexionar sobre o proceso de
maduración, as distintas etapas nas que configuran a vida e os procesos de
aprendizaxe que a eles van asociados.
Recursos de interese:
Lectura animada do
libro: https://www.youtube.com/watch?v=lXW5ej2EdXA
En este cuento hay que recalcar lo importante que es el trabajo en equipo, ya que si no fuera por la cooperación de sus amigos, Camila no hubiera recuperado sus rayas.
ResponderEliminarEste enlace nos ofrece la oportunidad de conocer actividades para poder trabajar este libro en el aula: http://olgacatasus.blogspot.com/2013/03/la-cebra-camila.html