Colombo, N. (2008). Cerca.
Pontevedra: Kalandraka [36 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-677-8).
Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado encadernado en cartoné cunhas
dimensións 20x20 cm. Na cuberta preséntase aos protagonistas do libro, un coello
e un pato, unha fronte á outra nun fondo vermello. Nacontracuberta podemos
observar dous paraugas xuntos. No seu interior atopamos os mesmos protagonistas
nun fondo cuadriculado. As ilustracións teñen moita cor e corresponde coa
realidade. O texto está composto por frases breves e sinxelas, algunhas páxinas
non teñen texto, unicamente ilustracións.
O álbum cóntanos a historia dun pato e un coello que viven moi preto un do outro. Ambos transitaban as mesmas rúas e cruzábanse todos os días, pero nunca se falaban nin se saudaban.
O álbum cóntanos a historia dun pato e un coello que viven moi preto un do outro. Ambos transitaban as mesmas rúas e cruzábanse todos os días, pero nunca se falaban nin se saudaban.
Potencialidades educativas: A lectura deste álbum permítenos traballar temáticas
como a amizade e o valor da afectividade. O conto é moi interesante para
traballar na aula de infantil xa que podemos ensinar que os amigos son persoas
importantes e que sempre nos axudan, que hai que coidalos. Esta obra permítenos
reflexionar sobre o individualismo, a falta de empatía nas sociedades urbanas e
a soidade. Coñecer historias como a de pato e coello permite analizar a
realidade do mundo que nos rodea e valorar a diversidade.
Recursos educativos:
Conto en youtube: https://www.youtube.com/watch?v=oldzXZeee0k&t=7s
Ningún comentario:
Publicar un comentario