luns, 6 de abril de 2020

Distinta


VALENCIA, Beto (2019). Distinta, Ilust. Sozapato, trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka. [36pp.]. (ISBN: 978-84-8464-440-8).

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado con texto de Beto Valencia, ilustracións de Sozapato e tradución de Manuela Rodríguez. O álbum ilustrado é de encadernado en cartoné, cunhas dimensións de 22 x 22 cm. Foi finalista do X Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado. Na cuberta preséntase a protagonista do conto, Lúa, unha nena moi especial disfrazada de serea. Na contracuberta pódese observar un fondo azul con peixes, cromatismos que están presentes ao longo de toda a obra, e que os converte en moi atractivos para os lectores máis pequenos. O texto é breve e sinxelo, con frases moi curtas en cada dobre páxina. A través das ilustracións transmítense emocións, como a tristeza e a alegría, ás que se contrapón a rutina que dominan as vidas das persoas cada día.
Desde o punto de vista do contido, o álbum fala sobre unha nena distinta aos demais, tal como se demostra ao longo de cada día. Por contraposición a esta diferenza, xorde a rutina das vidas da xente adulta, que vive atrapada na rutina, mentres que nenas e nenos son capaces de facer que cada día sexa unha aventura, a través da súa imaxinación.


Potencialidade educativa: A lectura deste álbum permite as nenas e nenos desenvolver a súa imaxinación, non caer na rutina coma os adultos. Axuda que as nenas e nenos expliquen que é o que lles pon tristes ou alegres. Grazas ás cores que emprega o álbum, os máis pequenos poden asociar o que é triste e o que é alegre e divertido. É importante que nesta etapa se traballe a imaxinación e que expresen as súas emocións.

Recursos educativos:
O programa de Radio Televisión Española,Páxina dous, fala sobre o libro:
https://www.rtve.es/alacarta/videos/pagina-dos/pagina-dos-miniclub-dia-llegaste-distinta/5249040/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario