Llenas, Anna (2015). Te quiero (casi siempre). Espasa Libros S.L.
ISBN: 8467043709, 9788467043709
Descrición do formato: álbum ilustrado de Anna Llenas con cubertas de cartón duro e tamaño destas de 21x29 cm. Na cuberta principal aparecen os protagonistas, Lolo e Rita, con mirada cómplice e en actitude amistosa. Os protagonistas, tamén con aparencia de recortes, pero esta vez de xornal pintado, tamén son coloridos. Na parte inferior dereita desta portada atopamos o título do conto e o nome da autora. Na contracuberta, tamén con fondo azul turquesa, aparece un anaco de cartón sen pintar, onde se inclúe un breve resumo do contido da obra, e os protagonistas falando entre eles a modo de cómic. As gardas están cheas de imaxes de recortes que simulan montañas pintadas de distintas cores da gamma cromática dos azuis e dos verdes. A portada reproduce os elementos da cuberta, pero sobre un fondo branco.
No interior do libro, as follas son grosas e resistentes. As ilustracións son de carácter figurativo, con contornos en lapis e estilo infantil. A disposición é a ocupar unha páxina e simulan pequenos recortes de materiais.
O texto é moi breve e con xogos de tipografía para destacar palabras concretas, de modo que se chama a atención sobre elementos semánticos de interese para o desenvolvemento do contido. A voz narrativa é unha terceira persoa e a linguaxe é moi sinxela e directa, o que favorece a comprensión dos máis pequenos.
Dende o punto de vista do contido, a historia está protagonizada por dous insectos que malia as súas diferenzas manteñen unha forte amizade. Na súa convivencia descobren aspectos nos que son moi diferentes e que provocan pequenos conflitos entre eles, aínda que para todos atopan solución porque a amizade é mais forte que as diferenzas.
Potencialidades: Este conto trata principalmente o tema da amizade, as diferenzas e os pequenos conflitos, propios da convivencia e a aprendizaxe. Móstranos, que as diferenzas se poden superar cando a amizade é tan forte e verdadeira. A lectura da obra permite reflexionar sobre a aceptación das particularidades do outro, a súa aceptación e a toma de consciencia de que non podemos cambiar ás persoas para que nos gusten, senón querer tamén os defectos, aprecialos e valoralos ao igual que as cousas boas. Outra das temáticas son as emocións que experimentan os protagonistas, estadios anímicos que o lectorado debe identificar e aprender a xestionar. Tamén salienta no relato a importancia da conversa e a busca de acordos, así como o uso do vocabulario, especialmente no campo dos adxectivos.
Recursos de interés:
-Conto contado de maneira tradicional.
Cuentos en la nube (2018, xaneiro 19). Cuentos infantiles- Te quiero casi siempre [Arquivo de video]: https://www.youtube.com/watch?v=DbZTHxyheXM
Conto en forma de canción.
Yo Soy Ratón. Te quiero (casi siempre)-Yo soy ratón y Anna Llenas [Arquivo de video] https://www.youtube.com/watch?v=TaObwAsK1Hs
-Conto cantado e explicado con lingua de signos.
Yo Soy Ratón (2018, agosto 4). Te quiero (casi siempre)-Lengua de signos española. [Arquivo de video] https://www.youtube.com/watch?v=CcAwJwe6i7I canción más signado (para sordos)
-Contado en forma de teatro, animación teatral caseira.
Ampower (2020, marzo 27) Te quiero (casi siempre) [Arquivo de video] https://www.youtube.com/watch?v=ZsXPe8_pdBY
-Conto en formato “pop art” contado.
Romanello, María Paula-Club del arte quiet book (2017, decembro 7) Te quiero casi siempre [Arquivo de video] https://www.youtube.com/watch?v=tVfFxOAw8Cw
Ningún comentario:
Publicar un comentario