mércores, 1 de abril de 2020

Rosa caramelo




TURÍN, Adela (2012). Rosa Caramelo, Ilust. Nella Bosnia. Pontevedra: Kalandraka Editora, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8468-799-7).

Descrición do formato e contido da obra: Este libro é un albúm ilustrado con texto de Adela Turín e ilustracións de Nella Bosnia. A súa encadernación é de cartón e ten tapa dura. Na cuberta preséntanse os protagonistas, que son elefantes. Na contracuberta podemos observar as anémonas e as peonias que tiñan que comer as protagonistas para poder ser bonitas e de cor rosada. As gardas tanto do comezo coma do final son de cor rosa, polo que podemos relacionalas coa cor que van ter as elafantiñas cando coman as flores. No tocante á portada, aparece o título, o nome da autora, da ilustradora e da editorial, así como unha imaxe dun dos elefantes protagonistas do conto. 
As ilustracións ocupan a páxina completa e están relacionadas entre si. Son realistas, moi coloridas e presentan as diferentes emocións que teñen os protagonistas ao longo da historia, ambientada no país dos elefantes. 
O contido do libro xira ao rredor dun grupo de elefantiñas que viven illadas nun xardín de anemonas y peonías, o seu alimento para conseguir un aspecto físico que será a cor rosa caramelo na súa pel. As protagonistas lucen zapatos, lazos e pescozos da mesma cor. Todas cumpren as expectativas dos seus proxenitores, agás Margarita, que sofre reproches ata que os adultos desisten da súa teima de que sexa igual cás demais. Así, Margarita descrubirá o que é ser libre e abrirá o camiño da igualdade para todas as súas compañeiras. 
O libro conta cun narrador heterodiexético que vai situando ao lector nas diversas situacións que ocorren. Ten parágrafos curtos e son fáciles de comprender para nenos e nenas de 3 anos de idade. 

A edición orixinal de 1976 leva por título Rosaconfetto e a tradución á lingua galega é de 2012 da man de G. Tolentino co título de Rosa caramelo. 

Potencialidades educativas: A lectura deste conto nunha aula de educación infantil permite reflexionar sobre a igualdade e a coeducación. Permitenos ensinarlle aos máis pequenos/as que todos somos iguais independentemente do noso sexo. Ademais, permítenos tratar o respecto, os valores e a educación cara ás demais persoas. Coñecer o que lle ocorre a Rosa Caramelo é tomar consciencia de como dende que nacemos estamos condicionadas a uns estereotipos e a unhas expectivas vitais. A lectura tamén porá de manifesto prexuízos que os máis pequenos poidan ter interiorizados, nuns casos asociados aos cromatismos, noutros a actitudes e incluso a gustos persoais.  

Recursos educativos: 
Experiencia educativa do colexio CEIP Nuestra Señora de la Esperanza: 
Lectura do conto apoiada polas imaxes do álbum: 

1 comentario:

  1. Unha obra moi interesante, xa que trata un dos estereotipos que máis reciben os/as nenos/as: o color rosa é para nenas e as mulleres.
    Dende o meu punto de vista, ademáis das potencialidades xa destacadas, considero que esta historia permítenos traballar os canons de beleza, debido a que as elefantas debían estar ben vestidas e comer anemonas e peonías para ter os ollos grandes e brillantes e a pel lisa e rosa.
    Por último, quería destacar un estereotipo machista o que se fai mención na obra: a finalidade do sexo femenino é conseguir marido e casar.

    ResponderEliminar