LÓPEZ-BARXAS, Paco (2007). Sar, Sarela e os monstros de Compostela. Ilust. Kiko da Silva. Pontevedra: Kalandraka/Consorcio de Santiago [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-651-8).
Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado con texto de Paco López-Barxas e ilustracións de Kiko da Silva. Cuberta e contracuberta son de cartoné. Na priemeira aparece unha imaxe nocturna de dous gatos nun tellado, coa catedral de Santiago de Compostela ao fondo. Na contracuberta aparece un fondo branco cunhas pegadas de gatos en negro e dous rabos en azul. As gardas, tanto a inicial como a final, teñen un fondo amarelo e pegadas de gato. As imaxes do interior son a toda páxina, de cores vivas e rechamantes, con sensación de profundidade. No final do volume aparece unha páxina, a
modo de glosario visual, no que se colocan as localizacións das diferentes gárgolas que foron citadas ao longo da historia.
Desde o punto de vista do contido, neste conto preséntase unha insólita viaxe de dous gatos irmáns que van percorrendo os tellados de Compostela, onde habitan monstros de todas as especies, que son as gárgolas que hai nas fachadas das casas. Hai un narrador en terceira persoa que vai contando a historia e que dá paso nalgúns momentos ao diálogo entre Sar e Sarela, que falan das características das gárgolas que hai polas rúas de Santiago de Compostela.
Potencialidades: a lectura deste conto permite traballar co rueiro e a historia da cidade de Santiago de Compostela, pero tamén nos permite desenvolver a atención sobre o contorno no que vivimos, tomar consciencia do que nos rodea, da historia dos monumentos e o significado dos lugares simbólicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario